As prensas de salgar
Estas son as únicas que en Galiza seguen prensando peixe salgado. Visitamos este antigo almacén de salga durante a nosa estadía en Vilanova de Arousa. As prensas son do tipo de sable ou tarabelos variábeis. Este sistema valíase dunha barra de ferro en posición vertical e fixada no chan, a viga que facía a presión suxeitábase a ela por un dos seus estremos podendo ser regulada en altura segundo as necesidades de traballo. Nas primeiras décadas do século XX o almacén era propiedade do industrial Juan González Pomares e contaba cun peirao propio construído en madeira. Hoxe sálgase peixe de xeito testemuñal.
19.04.08 | (sen categoría) |Comentarios
comentarios desactivados para este artigo
Acerca de
A campaña de dixitalización de álbumes familiares.