Manuel Brea Olveira

Visitamos na parroquia muradana de Tal, a Manuel Brea Olveira, carpinteiro de ribeira. Do interior do seu taller, tirou o taboleiro da fotografía. Unha táboa como un manual de instrucións. Coa paciencia de carpinteiro, tratou de nos explicar como nesa peza de madeira estaba toda a información precisa para construír unha embarcación. Deunos unha lección de proporcións e trigonometría digna dun catedrático, e fíxoo con didactismo, algo que non sempre caracteriza os catedráticos. O taller ou o traballo de Brea Olveira ben podería ser un recurso patrimonial a protexer. No Norde hai tempo que souberon que os oficios tradicionais teñen un valor como recurso que vai máis alá do traballo manual, sobre eles pódense artellar estruturas didácticas vivas, lonxe dos espazos expositivos de “corte clásico”.

4.05.08 | (sen categoría) |


Comentarios

  1. Esta homenaxe ao Breola é merecida. Breola é o artífice da recuperación da canoa da esteirana(Vila de Esteiro) da canoa muradana (Vila de Muros) e é tamén o profesional da carpintería de ribeira no que confía o asociacionismo de Abelleira para a construcción dunha canoa que aparellarán con vela e da que xa está recollida a madeira do monte por parte dos veciños.
    Breola é-vos moito, meus amigos, e toda homenaxe que se lle faga é pouco.

    O_Fartura · May 5, 03:49 PM · #

comentarios desactivados para este artigo


Acerca de

A campaña de dixitalización de álbumes familiares.